HomesociedadeItinerario Gastronómico do Camiño Francés en Triacastela

Itinerario Gastronómico do Camiño Francés en Triacastela

O Concello de Triacastela acollerá o vindeiro día 9 de novembro o Itinerario Gastronómico do Camiño Francés, dentro das III xornadas de exaltación de produtos gastronómicos dos concellos da mancomunidade do Camiño Francés en Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O día 9, ademais do Itinerario Gastronómico, o Concello de Triacastela organiza o seu tradicional magosto. A partir das 20:00 horas no Polideportivo Municipal haberá unha degustación de castaña, panceta, pan, mel e queixo do Cebreiro.

Os Itinerarios Gastronómicos nacen da colaboración entre a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e Turismo de Galicia  para promocionar os seus mellores produtos. As xornadas desenvólvense entre o mes de outubro a xaneiro nos concellos do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.

O obxectivo é facelo nos meses nos que hai menos camiñantes para desestacionalizar o turismo e atraer novos visitantes cando existe unha menor afluencia.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...