HomesociedadeXornada micolóxica no Incio o 16 de novembro

Xornada micolóxica no Incio o 16 de novembro

A actividade estará dirixida polo micólogo, Fernando de la Peña Paz, e inclúe unha saída ao campo, a identificación das diferentes variedades e a súa degustación.

Publicado o

- Advertisement -

A xornada dará comezo ás 09:30 horas diante da Casa do Concello. Farase unha saída ao campo para a recolección e identificación de diferentes especies facendo especial fincapé nas variedades comestibles e na súa posible confusión con outras variedades tóxicas.

O desprazamento ata o monte será nos vehículos dos participantes procurando compartir o espazo se hai dispoñibilidade de prazas.

Trala clasificación dos cogomelos recolectados, levarase a cabo a preparación e degustación das variedades comestibles. O xantar terá lugar no local social de Trascastro. Ademais da degustación de cogomelos haberá empanada e bebida a cargo do Concello. Cada participante deberá levar prato, vaso, coitelo e garfo. A inscrición é de balde e deberá realizarse nas dependencias do Concello ou por teléfono ata o día 14 de novembro.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...