HomesociedadeMonforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia-...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

O concello de Monforte licita senllos proxectos de mellora da pavimentación da Avenida de Galicia-Rúa Chantada e Rúa Vigo, por un importe conxunto de 278.304,15€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o rexedor a pasada semana e que comprende unha decena de actuacións en rúas do centro urbano e da zona rural que suman un orzamento de 1.059.733,23€. A Xunta de Goberno Local na sesión deste 11 de maio deu luz verde á licitación dos dous primeiros proxectos que afectan á Avenida de Galicia-Rúa Chantada, unha das principais arterias de comunicación da cidade, e á Rúa Vigo, que vai mellorar notablemente a seguridade viaria no barrio do Casar. A licitación publicouse na Plataforma de Contratación Pública e o prazo para presentar ofertas en ambos procedementos finaliza o 8 de xuño.

A intervención na AVENIDA DE GALICIA-RÚA CHANTADA licitouse por un importe de 163.300,80€ IVE incluído e un prazo de execución das obras de 1 mes. A actuación esténdese desde o cruce coa rúa Cardenal ata a Rotonda do Hórreo. A lonxitude total da vía na que se vai actuar é de 1.020 m, cun ancho medio de 8,25 me unha superficie total de 8.415 m².

No caso da RÚA VIGO, o investimento previsto é de 115.003,35 € IVE incluído, e un prazo de execución das obras de 1 mes. A actuación contempla a renovación do firme desde o cruce coa estrada da Vide ata o final do barrio do Casar, incluíndo a reparación de cortes existentes debido ás obras ou avarías da auga, así como a correcta sinalización en toda a rúa. Neste senso, o Alcalde destaca que este proxecto “vai permitir unha boa urbanización do barrio do Casar”. As obras proxectadas consisten na rexeneración do firme nunha lonxitude de vía de 605 m, cun ancho medio de 10,36 m, e unha superficie total de 6.270 m².

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...