IniciosociedadeCurso de cata de viños especiais en Quiroga

Curso de cata de viños especiais en Quiroga

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Quiroga organiza un Curso de Cata de Viños xenuinos e especiais no que pode participar quen o desexe. A actividade está incluida no proxecto Coñece o Camiño de Inverno. Museos Etnográfico e Xeolóxico de Quiroga, que ten por obxectivos dar a coñecer e preservar  o patrimonio, a cultura e a gastronomía.

O proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do Programa O teu Xacobeo. O curso de cata de viños desenvolverase entre o 9 e o 19 de decembro, en horario de 18:45 h a 22:00 h;  na Sala de Catas do Museo Etnográfico Municipal; ata completar un total de 26 horas.

A formación será  impartida pola Escola de Cata de Viños, Manuel Sánchez Formación. Para participar nesta actividade de balde, os interesados poden inscribirse  na Casa da Cultura ou chamando ao 982 435 125.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...