HomesociedadeO divertimento está asegurado en Quiroga

O divertimento está asegurado en Quiroga

Interesantes propostas, que pasan polo teatro e o lecer infantil, para o entretemento dos quirogueses e das quiroguesas.

Publicado o

- Advertisement -

O  Concello de Quiroga ofrece este sábado, día 30  de novembro, ás 19:00 h. unha representación teatral no Auditorio Municipal a cargo do Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla que trae a escena “Acto único. Un cabaret do máis normal”. A autora é Paula Carballeira Cabana que tamén é a directora do grupo. Esta actividade forma parte do programa “Buxiganga” que desenvolve a Deputación Provincial de Lugo.

E de cara á vindeira semana, na que se ve xa no horizonte a ponte da Constitución, a novidade será unha pista de patinaxe en xeo. Dende o xoves día 5 de decembro e ata o día 9, o pavillón municipal acollerá esta nova oferta de lecer gratuíta.

O primeiro día, o xoves pola mañá ás instalacións estarán reservadas para os alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga e o luns día 9, tamén pola mañá, as pistas serán para o alumnado do Instituto de Educación Secundaria. O resto do tempo, en horario de once da mañá a unha e media e pola tarde de catro a oito, estarán abertas para todas as persoas que queiran participar. 

Ademais da proposta anterior haberá tamén unha pista de inchables con obstáculos.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...