50 parados formándose en floraría e instalación de mobles

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 77.600 euros á posta en marcha de tres cursos para traballadores desempregados na Unidade de Acción Formativa de Monforte de Lemos. A programación do centro para o vindeiro ano suma case medio cento de prazas nas especialidades de floraría e instalación de mobles.

Monforte de Lemos / XdL

O obxectivo dos cursos é mellorar a empregabilidade dos participantes proporcionándolles novos coñecementos en especialidades con boas perspectivas de integración no mercado laboral.

Os participantes que superan as actividades de formación acceden a un certificado de profesionalidade. Os alumnos son seleccionados a través das oficinas de emprego, se ben os traballadores ocupados que estean interesados na materia poden optar ata a un 25% das prazas no caso de que non se cubriran en primeira instancia.

A consellería vén de seleccionar ás entidades que se encargarán de impartir as diferentes accións formativas. O primeiro curso en poñerse en marcha en Monforte será o de Actividades auxiliares en floraría, que se impartirá entre o 13 de xaneiro e o 20 de abril do 2020.

No mes de marzo comezará un curso sobre Instalación de mobles que se prolongará ata o mes de setembro. Igualmente, entre maio e setembro desenvolverase unha acción formativa sobre Actividades de floraría.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here