Homesociedade665.000 para a rehabilitación enérxética do Lama das Quedas en Chantada

665.000 para a rehabilitación enérxética do Lama das Quedas en Chantada

A Xunta inicia o proceso de contratación dunha obra que ten previsto executar este mesmo ano, no que o instituto de Chantada celebra o seu 50 aniversario.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a licitación da rehabilitación enerxética do IES Lama das Quendas (Chantada) por un importe de 665.658,39 €. As empresas interesadas  en presentar ofertas teñen de prazo ata o día 31 de xaneiro.

As actuacións centraranse na mellora da eficiencia enerxética do centro, a través da colocación de illamento de fachada polo exterior mediante sistema SATE. Así mesmo mudaranse as actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Tamén se substituirán as persianas, que levarán illante térmico interior.

A obra contempla tamén a reparación da cuberta do polideportivo e a substitución do termo dos vestiarios, a reparación e pintado de paramentos, a renovación dos aseos  e o abrillantado do pavimento de terrazo.  Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses.

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...