HomesociedadeRecollida de plásticos agrícolas no Saviñao

Recollida de plásticos agrícolas no Saviñao

O Concello inicia o día 28 deste mes o servizo de recollida de plásticos agrícolas en todas as explotacións gandeiras que así o desexen.  A entidade local vén de emitir un bando onde fai pública a nova prestación, que será de balde e de carácter trimestral.

Publicado o

- Advertisement -

A empresa SIMA SL será a encargada de facer a recollida a custe 0 para os gandeiros cada tres meses. Farase, ademais, a demanda dos mesmos, evitándolles ter que levar os plásticos ao punto limpo. Asemade, esta prestación contribuirá a que se eviten problemas medioambientais  a causa da acumulación destes residuos.

Taller de defensa persoal

A ludoteca de Escairón acolle durante este mes, un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres e adolescentes. Esta actividade, que se inclúe na programación deseñada polo Concello en protesta contra a violencia machista, está a ter unha gran acollida. Ten unha duración de dúas horas e forma ás asistentes en técnicas de prevención e autoprotección.

 

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...