HomesociedadeMelloras na estación de autobuses de Monforte

Melloras na estación de autobuses de Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comeza os traballos de instalación da sinalización e do balizamento de seguridade cos que se inician as obras de renovación e mellora da estación de autobuses de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo destas obras é delimitar os espazos nos que se teñen previsto levar a cabo as obras de reforma integral, ás que a Xunta destina 155.000 euros, e que proseguirán de xeito inmediato coa retirada da marquesiña exterior do recinto e despois coa mellora da cuberta e dársenas da estación. As obras contan cun prazo de execución de catro meses, polo que se prevé que poidan estar rematadas en primavera.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta actuación responde á aposta que está a desenvolver o Goberno galego pola mellora do transporte público e pola mellora das súas infraestruturas estratéxicas, como é o caso da estación de Monforte de Lemos.

As obras contribuirán á renovación integral da estación, incluídos pavimento, dársenas, paredes e teitos, así como a dotación de novo mobiliario de servizo: novos bancos na zona de agarda, renovada iluminación e pantallas informativas electrónicas.

ÚLTIMAS

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...