HomesociedadeSober reparte 1.200 euros en premios polo entroido

Sober reparte 1.200 euros en premios polo entroido

O sábado 22 de febreiro celebrarase o XIV Baile da Cachucha, o 13 de febreiro o Xoves de Compadres e o día 20 o Xoves de Comadres

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober ten xa preparada a súa programación de Entroido, que arrancará o 13 de febreiro co Xoves de Compadres. O día 20 celebrarase o Xoves de Comadres. O sábado 22 de febreiro será a quenda do XIV Baile da Cachucha con desfile de disfraces e 1.200 euros en premios. Ás 17:00 horas haberá desfile de disfraces polas rúas de Sober con saída da Casa do Concello ata o pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. A partir das 18:00 horas haberá música, inchables, xogos e merenda para todos e todas as participantes. Ás 19:30 horas desfile de disfraces e entrega de premios. E a partir das 20:00 horas degustación de cachucha e viño.

Bases do desfile de comparsas e concurso de disfraces

Para a inscrición no desfile de comparsas deberase recoller o impreso de solicitude no Centro Sociocultural de Sober. A información requirida é a seguinte:

  • Impreso de solicitude
  • Certificado de titularidade da conta do representante do grupo ou comparsa. (Só para comparsas e modalidade de adultos no concurso de disfraces no Baile da Cachucha).

O desfile de comparsas sairá da Praza do Concello as 17:00h. As comparsas colocaranse segundo a orde de chegada, a partir das 16:00 horas. Deberán levar un número de identificación, para que o xurado poida facer a súa valoración, que se recollerá no Centro Sociocultural de Sober, unha vez feita a inscrición. O xurado valorará o vestiario e a animación ao longo do percorrido, e premiará aos mellores grupos. As comparsas deberán estar formadas por un mínimo de dez compoñentes. Todas as comparsas terán un premio á participación de 50 euros. Establécese un premio especial á comparsa máis numerosa de 100 euros.

Os premios serán os seguintes:

  • 1º Premio: 200 €
  • 2º Premio: 150€
  • 3º Premio: 100€
  • 4º Premio: 60€

Concurso de disfraces

Na Modalidade Infantil, os premios son os seguintes:

INDIVIDUAL                  GRUPOS ATA 6 PERSOAS

1º Premio: Vale 50€       1º Premio: Vale 50€

2º Premio: Vale 30€       2º Premio: Vale 40€

3º Premio: Vale 20€       3º Premio: Vale 30€

Na Modalidade Adultos, os premios son os seguintes:

INDIVIDUAL                  GRUPOS ATA 6 PERSOAS

1º Premio: 40€               1º Premio: 60€

2º Premio: 30€               2º Premio: 50€

3º Premio: 20€               3º Premio: 30€

ÚLTIMAS

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas...