IniciosociedadeMonforte inaugura as xornadas Xira Mulleres

Monforte inaugura as xornadas Xira Mulleres

Este martes, 4 de marzo, comezou a primeira das actividades organizadas polo Concello de Monforte arredor do 8M, Día Internacional da Muller. O Centro Cívico acolleu a inauguración do Proxecto Xira Mulleres: “Encontra a túa ruta”, que se desenvolverá hoxe e mañá e que está dirixido a mulleres de 18 a 60  anos, tanto de Monforte coma de toda a comarca, vencelladas ó sector da alimentación e bebidas.

Publicado o

- Advertisement -

No acto inaugural estiveron presentes a 1ª Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, e o Deputado Provincial da Área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, quenes estiveron acompañados por Ana Vallejo, profesora de Alma Natura que desenvolve ditas xornadas e pola Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Este é un proxecto impulsado pola Fundación Coca Cola en colaboración coa Deputación de Lugo e co Concello de Monforte, e impartido por Alma Natura, para favorecer o empoderamento de 5 millóns de mulleres a través dunha formación especializada para guialas na toma de decisións da súa vida profesional e impulsar a súas ideas de negocio.

Os obradoiros formativos desenvólvense en dás sesión diferenciadas: en horario de mañá para mulleres desempregadas e emprendedoras (de 9:30 a 13.30 h), e en horario de tarde para mulleres empresarias (de 16 a 20 horas).

Durante a primeira sesión,Atopa a túa voz, trabállanse contidos que impulsen o empoderamento persoal das participantes (auto coñecemento e auto confianza), elementos necesarios para emprender ou potenciar os seus negocios. Ademais sensibilizarase ás mulleres da oportunidade que emprender pode supoñer ao seu futuro profesional, e como é importante repensar e adaptar os negocios para manteren  a súa competitividade no mercado.

A segunda sesión Atopa o teu negocio, destínase a detectar posibles ideas e negocios que poidan dar resposta ás necesidades do territorio, ou a detectar as posibles carencias que os negocios das mulleres empresarias poidan ter. Así, traballarase máis directamente sobre as ideas ou proxectos das mulleres participantes, para sacarlles o máximo partido e que poidan marcar unha diferencia no seu entorno.

Despois da formación presencial, as mulleres que queiran poderán continuar coa segunda etapa “Inicia a túa viaxe”, poderano facer a través da plataforma web www.giramujeres.com.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...