IniciosociedadeSemana Santa de Covid19, futuro de Turismo Rural

Semana Santa de Covid19, futuro de Turismo Rural

As casas de Turismo Rural viron como a maioría das reservas que tiñan para a Semana Santa foron caendo desde o momento en que se decretou o estado de alarma. A pasada fin de semana deberían de ter comezado a chegar os visitantes ás casas de Turismo Rural, pero nesta ocasión non vai acontecer.

Publicado o

- Advertisement -

Coa chegada da Semana Santaturismo evidencia a crise. Desde que comezou a crise do coronavirus, os diferentes sectores trasladan como lles está repercutindo socioconómicamente esta situación. Moitos negocios e particulares verán a realidade de fronte cando comece o “proceso de desescalada” para retomar un ritmo similar ao que viviamos, outros como os sanitarios vivírono desde o primeiro momento, e coa chegada da Semana Santa é onde o turismo e a hostalería evidencian a crise máis ca nunca, ata o momento.

As casas de Turismo Rural viron como a maioría das reservas que tiñan para a Semana Santa foron caendo desde o momento en que se decretou o estado de alarma. A pasada fin de semana deberían de ter comezado a chegar os visitantes ás casas de Turismo Rural, pero nesta ocasión non vai acontecer. Desde Agatur, Asociación Galega de Turismo Rural sinalan, “Estamos a sufrir moitisimo porque temos todos os negocios pechados no mes de abril. En abril que poderiamos ter un 60% ou 70% de ocupación, non temos a ninguén; temos que pagar igual, hai que facer as declaracións trimestrais, hai que pagar. Non son negocios moi lucrativos, pero para ir pagando as cousas imos ben, pero se temos pechado, imaxínate. Reservas de EEUU, Canadá, Corea, España, Galicia… para 5 noites seguidas e houbo que devolver anticipos; hai que comportarse coa xente.”

“Cruce de camiños” Galegos (San Vicente de Castillón) / Cedida por SdP

Perdida a Semana Santa, o Turismo Rural, pensa na volta. O verán sería a seguinte tempada forte para o sector e espera que xullo, agosto e setembro poidan ser meses de certa recuperación, pero todo depende das medidas que se vaian tomando para ir abrindo o confinamento, e de como a xente responda a esa apertura. “Cando sexa é. Ninguén ten certeza de nada, imos permanecer na incerteza tranquila, esperar con traquilidade e cando chegue o momento, as casas de Turismo Rural temos que vendernos como natureza, espazos libres, non aglomeracións, comer ben en terrazas e lugares abertos, característicos de Galicia”, sinala Juan Luis López Díaz, Presidente de Agatur. “Esperamos nun futuro moi próximo abrir con bos manuais de control de seguridade para os clientes. É importante que os clientes teñan confianza no noso traballo e a responsabilidade coa seguridade de todos”, engade.

E o futuro téntase ver con optimismo, que o Turismo Rural galego podar ser, coa chegada do Covid19 máis ca nunca, a mellor opción para gozar de espazos naturais e libres, lonxe de metros, escaleiras mecánicas e multitudes. Pero o que acontecerá non se sabe e de momento, estamos na Semana Santa “Un declive, a xente está con moito medo, cunha tristeza enorme, porque está todo só, non hai xente. Non hai visitantes, non hai peregrinos.”

Baños con cabalos de Rincón de Finca el Carmen / Rincón de Finca el Carmen

Turismo Sostible

Na Ribeira Sacra, Francisco Xabier Almuíña, Presidente da Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural, asegura que será difícil recuperar, “porque as economías están danadas e hai medo. Nunha sociedade tan complexa e globalizada é difícil porque todo depende de todo. Os servizos, se non os prestas, perdes.” A Ribeira Sacra, que en plena crise do Covid19 sabía que a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade chegaba á UNESCO, confía nas posibilidades do seu territorio para desenvolver un modelo de turismo sostible.

Se Ribeira Sacra sempre apostou por isto e agora o futuro parace demandalo, o Turismo Rural espera aproveitalo; “É a oportunidade de desenvolver o modelo de turismo que queremos, un turismo tranquilo e de natureza. Agora a xente xa non quererá facer as cousas para cando se xubile. E nunha Ribeira Sacra acolledora e tranquila pode haber para sanarse de moitos males destas sociedades”, dí Francisco Xabier. O sector aposta por recuperar a capacidade de facer as cousas en equipo e pola colaboración entre a administración e a empresa privada, “Podemos adestrarnos, facer músculo para ver que non é difícil escoitarnos e sacar ideas adiante.”

Viaxe en globo Ribeira Sacra / Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...