Iniciosociedade6.000 usuarios en mes e medio de bus urbano de Monforte

6.000 usuarios en mes e medio de bus urbano de Monforte

O autobús urbano de Monforte comezou a súa actividade o pasado 1 de febreiro. Desde entón ata o 14 de marzo, en que comezou o estado de alarma, o bus deu servizo a unha 6.000 persoas, case 1.000 persoas máis que en todo o ano 2019.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo datos facilitados pola empresa concesionaria do servizo, durante o pasado mes de febreiro foron 3.886 os viaxeiros do bus urbano monfortino, mentres que do 1 ó 14 de marzo, contabilizáronse 2.013 pasaxeiros. En total, en mes e medio de funcionamento do servizo, alcanzáronse os 5.989 usuarios.

O rexedor monfortino tamén destaca que “dende o inicio da posta en funcionamento, o novo bus urbano tivo unha excelente acollida por parte dos cidadáns, o cal queda demostrado con estes datos”.

Neste senso, dende o Equipo de Goberno do Concello “amosamos a nosa satisfacción coa valoración que fan do servizo os monfortinos e monfortinas, e queremos trasladarlles o noso compromiso de que, tan pronto como sexa posible, o bus urbano gratuíto volverá a funcionar con normalidade para dar servizo a todos os veciños e veciñas de Monforte”, salienta Tomé Roca.

O servizo do bus urbano foi suprimido temporalmente o pasado 14 de marzo, logo de que o Goberno de España decretara o estado de alarma como medida de contención ante a expansión da pandemia do Coronavirus no noso país. Dende o Equipo de Goberno do Concello, decidiuse suspender temporalmente este servizo, debido a que o vehículo podía converterse nun espazo de alto risco de contaxio por parte dos seus usuarios.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...