HomesociedadeDiario de corentena: Que pasa cos nenos?

Diario de corentena: Que pasa cos nenos?

Alguén pensou nos nenos? Que pensarán cando ven desde o balcón que os cans poden saír a pasear e eles non?

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares
- Advertisement -

Durante as semanas de confinamento obrigatorio que pasamos, e as que faltan, tivemos tempo para meditar amplamente sobre a situación, a nosa e a do mundo externo. En realidade moito tempo non, xa que a ansia por “ver” como está a situación do país, a moitos fainos estar ancorados durante horas fronte ao televisor, coa pausa ás 20 h. para saír aplaudir.

O encerramento forzoso presenta complicacións adicionais. Que pasa cos nenos? Alguén pensou nos nenos? ademais de poñerlles tarefas escolares e moitos debuxos e series televisivas? Témolos “enganchados” ás pantallas durante horas e horas. Cando isto acabe os oftalmólogos terán moito traballo. Alguén pensou na necesidade dos nenos de estar en movemento? De respirar aire puro, de tomar o sol? Vistes a un neno sentado nunha cadeira movendo as pernas constantemente? Os nenos necesitan mover a enerxía, son puras fontes enerxéticas, se lles negamos que a movan acabarán enfermando. E de feito xa empezan a facelo.

Que pensarán cando ven desde o balcón que os cans poden saír a pasear e eles non?

Que pensarán cando ven desde o balcón que os cans poden saír pasear e eles non? Noutros países cun nivel de conciencia social bastante máis elevado que o noso, aconséllase saír a pasear, en solitario. Se aquí permítese aos adultos sacar a pasear aos cans para facer as súas necesidades, debería de permitirse sacar aos nenos para mover a súa enerxía, a soltar os bloqueos aos que os condena o illamento.

Día da Biblioteca / Concello de Bóveda

Si, vale, xa sei que se o permiten aquí enseguida formaranse grupos de “murmuración” coa escusa de sacar ao neno a que lle dea o aire. Non temos unha solución coherente, polo menos a curto prazo.

Agora resulta que os denostados habitantes do campo, das aldeas, son os máis afortunados porque teñen a liberdade de saír de casa, aínda que sexa ao seu xardín, ou á súa horta, ou a pasear ás vacas. No campo non hai aglomeracións, hai aire puro, e agora máis que nunca. Ata se nota a pandemia do medo nos hospitais, onde hai menos xente en urxencias que nunca. Será que non serían urxentes? En todo caso é importante organizarse un horario coherente, agora temos a oportunidade de poder facer aquilo que sempre desexamos facer na casa e que por “falta de tempo” non conseguiamos facer. Non podemos ir a clases de ioga, pero hai titoriais e profesores de ioga organizando grupos en liña. Utilicemos con sabedoría a tecnoloxía ao noso alcance. Pero sobre todo que nos quede claro a todos que unha boa organización é a base do éxito de calquera cousa que se pretenda levar a bo termo.

 

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

Segunda fin de semana de Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte

Ó igual que a pasada fin de semana, o Mercado de Nadal de Monforte,...

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...