HomesociedadeEntrega de mascarillas infantís en Sober e O Saviñao

Entrega de mascarillas infantís en Sober e O Saviñao

As mascarillas teñen un deseño adaptado á poboación infantil e son de dúas tallas. Para nenas e nenos de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Para menores de 3 anos as autoridades sanitarias non recomendan o uso de mascarillas.  

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober vén de comezar o reparto de dúas mascarillas reutilizables para cada un dos nenos e nenas da localidade. Tamén o concello do Saviñao traballa no reparto de mascarillas infantís para os seus nenos.

O persoal de Protección Civil é o encargado de entregalas casa por casa, aproveitando o envío do material escolar para o terceiro trimestre. As mascarillas entréganse xunto cun folleto explicativo de uso.

Está previsto que os nenos e nenas poidan saír das súas casas a partir do vindeiro domingo, seguindo sempre as indicacións do Goberno do Estado.

Marcarillas / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...