HomesociedadeSen casos activos no Hospital de Monforte e na Domusvi de Chantada

Sen casos activos no Hospital de Monforte e na Domusvi de Chantada

Recupérase un usuario da Domusvi de Chantada, quedando esta residencia con 0 infectados de Covid19.

Publicado o

- Advertisement -
A provincia conta con 662 casos activos de coronavirus, 15 máis ca onte. 9 pacientes están na UCI, 1 máis ca onte; 2 na Mariña e 7 no HULA. Cóntase con 22 persoas en hospitalización, 2 menos ca onte. O Hospital Comarcal de Monforte segue sen novos ingresos por Covid19. Lévanse producido na provincia 26 falecementos e 129 altas por coronavirus.
En Galicia, os casos de coronavirus aumentan ata os 6.824, son 120 diagnósticos máis que os rexistrados o venres. Crecen as altas ata as 1.783 (+53) e as persoas ingresadas na UCI chegan ás 90 (+3). 

 

Os casos activos nas residencias de anciáns e centros de atención a persoas con discapacidade na zona sur de Lugo, diminúen lixeiramente cada día. Este venres recuperábanse 2 traballadores da Domusvi de Bóveda e hoxe recupérase un usuario da Domusvi de Chantada, quedando esta residencia con 0 infectados de Covid19.

Esa tendencia xeneralizada ten como excepción a residencia Meu Fogar de Taboada, na que onte se detectaba un brote de coronavirus con 5 usuarios e tres traballadoras infectadas, que segundo o rexedor local están asintomáticas.

O Meu Fogar / Fundación San Rosendo

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...