HomesociedadeRecuperados dous traballadores da Domusvi de Bóveda e Monforte leva 6 días...

Recuperados dous traballadores da Domusvi de Bóveda e Monforte leva 6 días sen hospitalizados

Na zona sur rexistráronse 2 casos positivos por curación de dous traballadores do centro de atención á discapacidade DomusVi Bóveda, que agora conta con 13 usuarios infectados e 7 traballadores.

Publicado o

- Advertisement -

A provincia de Lugo conta con 675 casos activos de coronavirus, 13 mais ca onte. Deles, 7 están na UCI, 2 na Mariña e 5 no HULA. 25 persoas diagnosticadas con coronavirus están en hospitalización, un máis ca onte (10 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

O Hospital Comarcal de Monforte a día de hoxe segue a rexistrar 0 ingresos por COVID19, de manterse así, mañá cumprirá unha semana sen hospilizados por esta causa. E no Hospital da Mariña hoxe non hai hospitalizados, agás os dous pacientes que ten na UCI. 643 persoas diagnosticadas pasan o confinamento no domicilio, 12 máis ca onte.

Na provincia lévanse producido 26 falecementos e lévanse dado 133 altas. O número de casos activos de COVID-19 en Galicia aumentou en 56 ata situarse nos 6.947 infectados, mentres que as altas de pacientes incrementáronse desde o luns en 25 ata as 1.841.

Este martes redúcese o número neto de positivos en residencias de maiores, posto que se rexistraron máis curacións que novos contaxios. As residencias galegas contan con 764 usuarios infectados e 293 traballadores. Nos centros para persoas con discapacidade cóntase con 97 casos activos de usuarios e 50 de traballadores.

Na zona sur rexistráronse 2 casos positivos por curación de dous traballadores do centro de atención á discapacidade DomusVi Bóveda, que agora conta con 13 usuarios infectados e 7 traballadores.

ÚLTIMAS

Centeais, na parroquia de Montefurado, ‘revive’ coa celebración da súa festa

Moitas aldeas do sur de Lugo, por desgraza, están en perigo de extinción por...

Hospitalizada unha menor tras caer nunha piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...