HomesociedadeA provincia rexistra 166 casos activos mentres o hospital de Monforte segue...

A provincia rexistra 166 casos activos mentres o hospital de Monforte segue libre de coronavirus

Catro persoas permanecen na Uci e outras dúas están ingresadas en planta. Sanidade contabiliza 710 persoas curadas a data de 9 de maio.

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este sábado 9 de maio un total de 166 casos activos por coronavirusun menos ca os contabilizados onte. Redúcese, así mesmo, a listaxe de persoas positivas atendidas nos hospitais, segundo a Consellería de Sanidade. No Hospital Comarcal de Monforte, segue sen haber ningún paciente co virus.

En concreto, permanecen catro persoas nas Unidades de Coidados Intensivos (-2). Todas elas están na do HULA, mentres que na do Hospital da Mariña seguen ingresadas dous pacientes que contraeran o virus pero que agora mesmo xa son negativos nas probas de COVID-19.

Por outra parte, dúas persoas continúan hospitalizadas en planta: unha no Hospital Universitario Lucus Augusti e outra —o patrón do Notre Dame— no Hospital da Mariña.  O groso da listaxe séguena ocupando os positivos que están a ser atendidos nos seus domicilios: son 160, un máis ca no día de onte.

Ademais, Sanidade informa de 710 persoas curadas —con negativo no test PCR ou sen síntomas pasado un tempo—. Ata o momento, producíronse 27 falecementos na provincia.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...