IniciosociedadeTriacastela prepara área de descanso para autocaravanas

Triacastela prepara área de descanso para autocaravanas

Esta actuación permite humanizar o acceso á localidade de Triacastela pola LU-633 e o Camiño Francés ao discorrer a ruta por este punto.

Publicado o

- Advertisement -

Esta semana a Xunta iniciou os traballos de asfaltado na área de descanso que se está habilitando no Concello de Triacastela, xunto á estrada de Pedrafita do Cebreiro a Palas de Rei (LU-633), no resto dunha curva do antigo trazado da vía.

As obras, que contan cun orzamento de preto de 45.000 euros, execútanse no quilómetro 28 da vía. O obxectivo é crear unha zona verde e un aparcamento coa fin de que poidan facer noite as autocaravanas.

Os labores consisten na reposición do firme da calzada, saneándoo e estendendo unha capa de mestura bituminosa en quente. Tamén se nivelou o espazo comprendido entre o antigo trazado e a LU-633 para a súa humanización con zonas verdes e colocación de mobiliario urbano. Esta actuación permite humanizar o acceso á localidade de Triacastela pola LU-633 e o Camiño Francés ao discorrer a ruta por este punto.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...