HomesociedadeA ponte nova do malecón recuperará a ponte de ferro de Monforte

A ponte nova do malecón recuperará a ponte de ferro de Monforte

“Recuperar a nosa historia contribúe ó sentimento de orgullo dos monfortinos, recuperando infraestruturas emblemáticas do pasado e ó mesmo tempo melloramos as comunicacións interiores da cidade, facilitando as comunicacións entre veciños e tamén entre as distintas zonas de Monforte”, José Tomé.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, dá a coñecer os detalles do proxecto da Ponte Nova do Malecón sobre o río Cabe de Monforte. “É o meu desexo” continuou o Alcalde “que os veciños e veciñas de Monforte recuperemos parte da nosa historia cunha nova ponte ubicada no Malecón, semellante á antiga Ponte de Ferro que estaba situada no lugar que ocupa a actual ponte nova na Avenida de Galicia, unha ponte que caeu nos anos 50 do século XX”.

Precisamente esta é condición indispensable que deben cumprir todas aquelas persoas que queiran presentar os seus deseños para a Ponte nova, é dicir, que os deseños teñen que ser semellantes á antiga Ponte de Ferro de principios de século XX. As persoas interesadas en presentar a súa idea para este proxecto, terán de prazo ata o 16 de xuño de 2020 ás 14 horas.

Características da Ponte Nova

Co fin de mellorar a conexión entre as dúas marxes do río Cabe, o Alcalde prantexou a execución dunha nova ponte metálica, de características similares á que existiu no seu momento. Deste xeito, unha estrutura similar á da antiga ponte de ferro, sen apoios no río, volverá a ser unha realidade visible en Monforte, adaptada ás necesidades viarias actuais, con 2 carrís de 3,5 metros de ancho, un para cada sentido da circulación, e as beirarrúas de 2,5 metros de ancho cada unha para facilitar o paso dos peóns.

A construción desta ponte permitirá convertir a ponte vella ou Ponte Medieval, en peonil. Asemade, proponse a conexión do Paseo do Malecón coa rúa Santa Clara á altura da Corredoira para darlle continuidade cara ó Hospital Comarcal, ocupando o espazo onde se ubica a Pasarela de madeira.

Concurso de ideas para a Ponte Nova

O Alcalde salientou na súa presentación que para a redacción do proxecto técnico dende o Concello vense de convocar o Concurso de ideas para a Ponte Nova, tendo como referencia básica a antiga Ponte de Ferro, que deberá ser semellante á que se derrubou nos anos 50 do pasado século. Todas aquelas persoas interesadas en presentar a súa idea para este proxecto, terán de prazo ata o 16 de xuño ás 14 horas.

O Xurado que fallará este concurso de ideas, estará presidido polo Alcalde, e formarán parte do mesmo, o Secretario do Concello, 2 enxeñeiros designados pola Universidade, 2 enxeñeiros designados polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, e 2 enxeñeiros da Deputación Provincial de Lugo. O premio para a proposta gañadora será a redacción do proxecto construtivo e a dirección de obra durante a súa construción.

ÚLTIMAS

Presentación literaria e música para celebrar o ‘Día das Letras Galegas’ en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil celebra o Día das Letras Galegas, dedicadas este...

Festa da Xuventude en Chantada, este 16 de maio con servizo de noitebús

A programación comeza ás 19:30h. con propostas musicais en diferentes espazos ata ben entrada...

A Deputación presenta na poxa da Mostra Agrogandeira de Sarria 3 xovencas da Granxa Gayoso Castro

Os exemplares, que pertencen ao rabaño de elite do centro de recría da institución...

O ‘Camiño de Inverno Gusta:un roteiro de sabores’ chega a Pantón

O roteiro de sabores que impulsa o GDR Ribeira Sacra Courel chega á súa...