HomeCultura"Perdida no labirinto" de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

A obra, que representa unha muller maior perdida no medio dun labirinto físico como metáfora dun labirinto mental, amplía o relato das Soterradas visibilizando, a través da creación artística, as conexións entre memoria, saúde mental e identidade das mulleres, e incorpora unha nova lectura dentro do proxecto museográfico do Pazo de Tor

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago, e da artista Violeta Bernardo, presentaron este luns no Museo Pazo de Tor a peza escultórica “Perdida no labirinto”, integrada dentro do proxecto Soterradas. Coa peza instalada e Tor, son tres as obras de Violeta Bernardo nos fondos da Rede Museística Provincial.

Durante o acto tamén se falou das actividades do programa “Coidarte. Museoloxía Social e Saúde”, entre elas o obradoiro teatral Un fío para saír do labirinto, que están a impartir no Museo de Tor as actrices Adriana Ozores e Laura Duhalde, da compañía Aescenatumejortú.

O taller emprega a metáfora do labiritindo do mito de Ariadna e Teseo para guiar as persoas participantes a traves dos seus próprios desafíos, empregando a arte eescénica como  ferramenta de benestar emocional, resiliencia e acompañamento persoal.

Perdida no labirinto

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...