HomesociedadeGalicia sen novos casos activos e a Domusvi de Bóveda a 1...

Galicia sen novos casos activos e a Domusvi de Bóveda a 1 usuario de quedar libre da Covid19

A Domuvi de Bóveda comunicacaba este domingo a última hora da tarde a curación dun usuario e dun traballador. Galicia non rexistra novos casos activos.

Publicado o

- Advertisement -

Este luns, 8 de xuño, a provincia de Lugo conta con 30 casos activos de coronavirus, igual ca onte, dos que 1 está en hospitalización no HULA e os 29 restantes, nos seus domicilios. Nesta provincia non hai pacientes por coronavirus na UCI. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 899 altas e  28 falecementos. 

Nas residencias de anciáns da zona sur e nos centros de atención a persoas con discapacidade, desde a Domuvi de Bóveda comunicacaban este domingo a última hora da tarde a curación dun usuario e dun traballador, polo que a este centro lle falta a curación dun usuario para quedar libre de coronavirus.

Os casos activos de COVID-19 en Galicia descenderon ata os 515, o que supón nove menos que este domingo, mentres que os pacientes curados aumentaron en dez e sitúanse en 10.252. Ata a data rexistráronse 10.252 pacientes curados e 618 falecementos en Galicia, cifra que se mantén sen cambios desde o mércores pasado.

 

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...