HomesociedadeA Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A concellaría de Turismo de Chantada reforza a información turística da vila coa instalación dun novo panel turístico instalado no Parque Eloísa Rivadulla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando os bos datos da campaña pasada cun incremento de visitantes do 10,5%. No mes de xuño rexistráronse 728 visitas, en xullo 862, en agosto 1.273 e en setembro 866, procedentes maioritariamente de Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco, Comunidade Valenciana e Castela e León. O turismo nacional supón o 91,8%, e Galicia representa o 23,1%.

Pola súa banda o turismo internacional supón o 8,2 % dos visitantes, alcanzando un 24% máis, respecto ao ano 2024. Os turistas extranxeiros proveñen, en maior medida, de Francia, Reino Unido, Arxentina, Portugal e Canadá. Destaca tamén no balance deste verán, a aparición de novas procedencias como Nova Zelandia, Grecia, Letonia e un claro incremento de visitantes de Polonia, Cuba, Brasil e Canadá.

Municipio Starlight Monte Faro / Concello de Chantada

“Vimos percibindo nos últimos anos unha subida paulatina de viaxeiros que se achegan a coñecer o noso municipio atraídos polo emblemático casco histórico e o paseo fluvial da vila, o Canón do Miño, o Monte Faro, ou os templos románicos”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Desde este ano, como novidade, Chantada conta cun novo recurso, a declaración como Municipio Starlight, quereforza o seu atractivo turístico dende unha nova dimensión, a do astroturismo. A posta en marcha da primeira actividade astronómica, no mes de agosto, tivo moi boa acollida e xerou un grande interese entre as numerosas persoas participantes.

A Oficina de Turismo de Chantada, localízase na Casa da Cultura de Chantada, e nela sélanse tamén as credenciais do Camiño de Inverno a Santiago. De xuño a setembro seláronse 482 credenciais, cifra similar á do ano pasado nesas datas. Con todo, obsérvase un cambio de tendencia na chegada de peregrinos con respecto ao ano anterior, xa que os meses de xuño e setembro foron os de maior afluencia, cun 79% de peregrinos neste período.

O 81% dos peregrinos que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo son de procedencia nacional e veñen principalmente de Madrid, Galicia, Andalucía e Comunidade Valenciana, mentres os estranxeiros supoñen o 19% e proceden, maioritariamente, de Portugal, Polonia, Italia, Alemaña, Nova Zelandia e Reino Unido.

Panel informativo no Parque Eloísa Rivadulla

A concellaría de Turismo de Chantada reforza a información turística da vila coa instalación dun novo panel turístico instalado no Parque Eloísa Rivadulla. O panel conta cun mapa turístico dos principais recursos do municipio e as imaxes correspondentes; e cun rueiro da vila de Chantada e información sobre os principais atractivos.

“Escolleuse esta zona para a instalación do panel informativo, porque é un espazo moi concorrido en Chantada, onde agora veciños e visitantes poderán consultar o rueiro e o mapa municipal de Chantada xunto con información actualizada de interese”, asegura o rexedor.

Panel turístico Eloísa Rivadulla / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...