Desde a CIG sinalan que esta profesional remata case todos os días a súa consulta ás 5 da tarde, cando o seu horario de saída son as 3 da tarde. O sindicato lembra que Monforte é a área máis envellecida de Galicia, o que supón máis ictus, demencias,…
Por áreas e cantos pacientes atende un neurólogo por área.
- En Monforte hai 1 neuróloga para 50.000 pacientes (1/50.000)
- En Burela teñen 2 neurólogos para 66.000 pacientes (1/33.000)
- En Lugo teñen 10 neurólogos para 210.000 pacientes (1/ 21.000)
En Monforte a carga de traballo aumenta ao ser, segundo a CIG, o único hospital que ademais da consulta diaria, ten que atender ingresos na planta. “Nos outros comarcais onde so hai un neurólogo non se atenden os ingresos. E ainda por riba hai que atender interconsultas e urxencias” sinalan.
En Lugo nestes dous últimos anos contratáronse 3 neurólogos, o último hai escasos días, o que para a CIG é “unha clara aposta por reforzar os hospitais de referencia e deixar baleiros os comarcais. Como vimos denunciando hai tempo, aquí seguimos cun cardiólogo menos, cun dixestivo menos, e agora quedámosnos sin a neuróloga.”
Lembran que agora mesmo no hospital hai un internista pasando consulta de cardioloxía e outro pasando neuroloxía, o que demostra, que estes especialistas son necesarios. Por todo esixen ao SERGAS que contrate especialistas e deixe de cubrir todas as especialidades con internistas. No caso da neuróloga afirman que o contrato que tiña era renovable cada seis meses, “cando podían sacar dende abril do ano pasado unha reserva de plaza. Esto demostra que non teñen ningún interese en estabilizar estas prazas nin a plantilla do hospital. Esta dirección é un desastre, deixan marchar a unha das mellores profesionais que temos e logo dirannos que non atopan neurólogos. Deixan marchar aos profesionáis porque non lles interesa ter especialidades nos comarcais.”