HomesociedadeSeguen subindo os casos de Covid19 na Mariña con 22 infectados

Seguen subindo os casos de Covid19 na Mariña con 22 infectados

A provincia conta con 38 casos activos, dos que 22 están localizados na Mariña. A maioría dos novos infectados son asintomáticos, cun único ingresado no Hospital da Costa; continúan os rastrexos, con "máis de 200" probas realizadas.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, 27 de xuño, a provincia de Lugo conta con 38 casos activos de coronavirus, 7 máis ca onte, dos que 2 están en hospitalización, un deles no HULA e o outro no Hospital Público da Mariña. Os 36 restantes están confinados nos seus domicilios.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) constatou, na Mariña, a existencia de dous focos da doenza, en Xove e Burela, aínda que hai infectados en varios municipios da bisbarra. Deste xeito, o número de casos activos na comarca ascende, este sábado a 22, dos 38 que hai na provincia.

Os novos casos da costa de Lugo son froito dos rastrexos e teñen polo tanto “relación” cos dous núcleos localizados, segundo confirman fontes do Sergas.

A Consellería de Sanidade expón que as probas realizadas a partir de detectarse o primeiro caso de infección por Covid-19 na Mariña, o pasado martes nun núcleo familiar de Xove, “superan as 200. Nestes momentos, aínda hai estudos pendentes de obter o resultado, ao tempo que se seguen a facer máis probas aos contactos xurdidos dos novos casos”, indica.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...