HomesociedadeCita previa con códigos QR para visitas de monumentos na Ribeira Sacra

Cita previa con códigos QR para visitas de monumentos na Ribeira Sacra

A cita previa e o control de aforo eran xa obxectivos que estaban sobre a mesa e que se consideraban necesarios no marco do plan de xestión da Paisaxe Cultural de Ribeira Sacra. Pode procederse coa reserva e a compra de entradas para visitas a realizar a partires do 8 de xullo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ten xa operativa a web de reserva mediante cita previa para a visita de monumentos e outros recursos de interese turístico de Ribeira Sacra.

Aseguran desde o Consorcio que se comezou a traballar nesta ferramenta durante o confinamento, “A cita previa e o control de aforo eran xa obxectivos que estaban sobre a mesa e que se consideraban necesarios no marco do plan de xestión da Paisaxe Cultural de Ribeira Sacra.”

Con esta iniciativa o Consorcio pretende poñer a disposición dos xestores dos recursos turísticos os sistemas necesarios e asumibles que permitan aos concellos tomar medidas relacionadas coa capacidade de carga dos puntos máis visitados e coa instalación de mecanismos para garantir a seguridade dos usuarios durante as visitas.

Pode procederse coa reserva e a compra de entradas para visitas a realizar a partires do 8 de xullo (inclusive) nos seguintes puntos de interese:

  • Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil)
  • Mosteiro de Santa Mª de Montederramo 
  • Mosteiro de Santa Mª de Xunqueira de Espadanedo
  • Museo Alfarería de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo)

A plataforma está configurada nos tres idiomas nos que habitualmente desenvolvemos os soportes de información: galego, castelán e inglés. As entradas xenéranse en formato dixital con códigos QR asociados e han de ser presetandas no acceso ao recurso. Aos concellos adheridos foilles instalada unha App coa que ler os códgos QR e comprobar a veracidade das entradas. Como a cobertura de datos e telefónica en determinados puntos é bastante limitada, a programación do sistema está pensada para que esa lectura de códigos se realice sen necesidade de conexión.

É previsible que nos vindeiros días se vaian sumando máis recursos. A ferramenta está a disposición dos 21 concellos que forman parte do Consorcio de Turismo e poden engadir cantos monumentos e servizos consideren. O sistema está financiado polo Consorcio de Turismo no marco do convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para o ano 2020.

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...