HomesociedadeMorre por coronavirus unha muller da residencia do Incio

Morre por coronavirus unha muller da residencia do Incio

Este venres falecía un home da mesma residencia, ingresado no Hospital de Monforte. Co falecemento deste sábado a residencia do Incio xa suma 5 falecidos por Covid19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha muller de 83 anos usuaria da residencia de maiores do Incio, infectada por coronavirus e ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti faleceu este sábado, polo que a cifra de mortes por mor da pandemia na Comunidade sobe a 639.

A Consellería de Sanidade informou desta nova morte dunha residente nun centro afectado por un importante brote e indicou que a vítima presentaba patoloxías previas. O xeriátrico atópase intervido pola Xunta debido ao contaxio masivo.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...