HomePolíticaOs socialistas de Sarria denuncian que "os veciños asumirán o plan económico...

Os socialistas de Sarria denuncian que “os veciños asumirán o plan económico de Garrido”

O PSdeG-PSOE de Sarria denuncia a "nefasta xestión económica do alcalde, Claudio Garrido", tras o anuncio feito hoxe polo propio rexedor de incrementar de forma xeneralizada os impostos e taxas municipais, incluíndo a recollida do lixo, o IBI, a auga e o imposto de vehículos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os socialistas, esta subida de impostos “é consecuencia directa do incumprimento da regra de gasto por 1,5 millóns de euros, e demostra a falta total de planificación e responsabilidade do alcalde, que pretende que sexan os veciños quen paguen as consecuencias da súa incompetencia”, subliñan.

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, cualificou esta situación como “a cara B do pacto co PP, resultado dunha política electoralista, sen previsión nin control do gasto”.

“Garrido non promove ningún plan económico financeiro por iniciativa propia. Faino porque non lle queda outra opción: se non o presenta, o Concello será intervido por Facenda. É o resultado de anos de advertencias de Intervención que ignorou sistematicamente”, explicou Escontrela.

Segundo os socialistas, os informes de Intervención levan anos advertindo da necesidade de corrixir os desequilibrios orzamentarios e da falta de control no gasto municipal. O voceiro lembra que o rexedor xa incrementou nos últimos anos tarefas e servizos básicos como a piscina climatizada, a conciliación familiar, a atención temperá, as terrazas ou as tarefas da residencia de maiores, “sen facer ningunha mellora nin reforma, máis aló da cuberta da residencia”.

Agora, engaden, “a veciñanza enfróntase a unha das maiores subas fiscais da historia recente de Sarria. A taxa do lixo increméntase máis dun 200%, pasando de 56 a case 120 euros anuais; o IBI sobe un 19%; o imposto de vehículos encarece preto dun 30%, e a auga incrementa un 2,7%. Son incrementos desorbitados que deberían terse aplicado de forma progresiva e planificada, pero a súa desidia obrígao a facelo todo de golpe”, critica Escontrela.

O PSdeG considera que esta medida é a cara oculta do pacto entre Garrido e o Partido Popular e anuncia que votará en contra desta suba xeneralizada de impostos e taxas, e advirte que seguirá denunciando “cada decisión que castigue á cidadanía e premie a improvisación dun alcalde que fai pagar á veciñanza as consecuencias da súa propia incompetencia”

ÚLTIMAS

Inscricións abertas ata o 17 de setembro para participar nas Olimpíadas Galegas do Envellecemento Saudable que se celebrarán en Chantada o día 19

A cita que se desenvolverá durante toda a xornada está promovida pola Sociedade Galega...

O Concello da Pobra do Brollón potenciará o voleibol da man do CV Ribeira Sacra

Un acordo entre o Concello da Pobra do Brollón e o Club de Voleibol...

Tomé destaca a promoción turística que supón para Monforte formar parte da Rede de Xuderías de España

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e a tenente alcalde, Gloria...

A conselleira de Medio Rural visita a vendima heroica da Ribeira Sacra e felicita os recoñecementos internacionais

A titular de Medio Rural sinalou que a calidade e a vinculación co territorio...