HomesociedadeAfronta 16 anos de cárcere por agredir sexualmente á filla da súa...

Afronta 16 anos de cárcere por agredir sexualmente á filla da súa parella

A Fiscalía pide unha pena de 18 anos e 9 meses de prisión para un veciño da zona sur da provincia de Lugo por agredir sexualmente de forma continuada á filla da súa parella sentimental, que no momento dos feitos era menor de 16 anos e tiña unha discapacidade recoñecida do 67%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xuízo comezou este martes na Audiencia Provincial de Lugo e prolongarase durante os dous próximos días. Segundo informan desde EFE, a nai deuse conta do que sucedía o día 28 de agosto de 2018, cando o acusado, sobre as 04:00 horas, espertou á menor e levoulla a unha habitación desocupada da casa que compartían os tres. Unha vez dentro, segundo o relato do Ministerio Público, pechou a porta desde o interior e “inspirado polo ánimo de satisfacer o seu apetito sexual e aproveitando a súa situación de superioridade”, mantivo “relacións sexuais con ela” a pesar da súa negativa e de que a situación lle provocou un “gran sufrimento”.

A nai decatouse ” do que sucedía”, engade o Fiscal, e acudiu en auxilio da súa filla, pero o acusado “ao verse sorprendido en tales circunstancias”, comezou “a discutir coa súa parella sentimental, chegando a adoptar unha actitude agresiva”, ata o punto de que tentou botalas ás dúas do domicilio. Esa situación, provocou que a nai chamase “aos axentes da autoridade, que se presentaron no domicilio e detiveron ao procesado”.

O fiscal sostén que o procesado repetiu devandito abuso “en múltiples ocasións, en lugares e momentos non determinados” desde o ano 2017. Ademais, considerou probado que o home lle mostrou á menor “vídeos de contido pornográfico, coa intención de inmiscuila nun contexto sexual”.

O 29 de agosto, un día despois da súa detención, o Xulgado de Instrución número 1 de Monforte de Lemos decretou como medida cautelar o seu ingreso en prisión, comunicada e sen fianza.

Por mor das agresións sexuais, a menor padece unha “unha considerable perturbación psíquica”, con cadros de ansiedade e malestar psicolóxico e emocional. O Ministerio Fiscal cualifica os feitos como un delito continuado de agresión sexual a unha menor de dezaseis anos, agravado pola súa relación de superioridade sobre a vítima, dada a súa discapacidade e a convivencia con ela. Pide para o procesado 18 anos e 9 meses de prisión e outros dez de liberdade vixiada cando saia do cárcere, ademais da prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse con ela por calquera medio durante 25 anos.

Tamén solicita que o acusado indemnice á vítima con 60.000 euros polos danos morais que lle provocou. Na vista oral, o acusado, que chegou desde a prisión de Bonxe á sede xudicial, negou os feitos que se lle imputan e asegurou que “nunca” mantivera “relacións” coa menor. De feito, o avogado da defensa informou de que a súa intención é solicitar a libre absolución do procesado.

ÚLTIMAS

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...