HomesociedadeQuiroga envía máscaras reutilizables para promocionar o concello

Quiroga envía máscaras reutilizables para promocionar o concello

O concello de Quiroga fará a vindeira semana unha nova entrega de máscaras entre todos as vivendas do municipio. Trátase de máscaras reutilizables de ata 25 lavados e que están serigrafiadas co escudo e o nome de Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás máscaras en tamaño de adultos e nenos están homologadas e teñen unha filtración bacteriana de ata o 94,84% e unha transpirabilidade do 58,2. 2.500 son as máscaras que o concello encargou para repartir en todas as vivendas do municipio. Cada vivenda recibirá por correo unha máscara que irá debidamente empaquetada e coas indicacións de lavado. Farase unha entrega especial para nenos e adolescentes. Os nenos de 3 a 12 anos recibirán un paquete con cinco máscaras para cada un e os adolescentes de 13 a 18 anos de idade recibirán unha para cada un. 

Esta nova entrega forma parte dunha campaña que se vai levar a cabo dende o concello, polo que as máscaras entréganse cunha recomendación dende a Alcaldía de Quiroga para que se utilice este sistema de protección. 

Esta é a segunda vez que o Concello de Quiroga reparte máscaras no domicilio da veciñanza e o terceiro reparto que fai para os máis pequenos da casa. A primeira entrega para os nenos e nenas quirogueses foi unha máscara reutilizable de tela elaborada por traballadores municipais que se entregou nos domicilios dos nenos e a segunda entrega foi de máscaras cirúrxicas que debían recollerse na Oficina de Turismo.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...