HomesociedadeObras de mellora de accesos no Saviñao

Obras de mellora de accesos no Saviñao

Os traballos benefician aos veciños que residen en Chave, Mañariz, Vilamor e Troncedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos vindeiros días rematarán as obras, contratadas polo Concello do Saviñao, para mellorar os accesos a 4 núcleos de poboación. Son os seguintes: Chave, Mañariz, Vilamor e Troncedo.

Deste xeito, a entidade local, segundo apunta o máximo mandatario local, “continúa co seu compromiso de seguir acondicionando as vías municipais, co fin de que os veciños e veciñas dispoñan duns accesos en boas condicións e, por tanto, teñan garantida a seguridade no tráfico rodado”.

Os traballos inclúen a renovación do firme con rego asfáltico, ademais do acondicionamento das cunetas para unha correcta canalización da auga e así evitar que se deteriore a propia estrada cando chove. Inclúense no Plan de Proxectos Estratéxicos de de Infraestruturas do Medio Rural, cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través da consellaría do Medio Rural, e do Goberno, a través do ministerio de Agricultura.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...