IniciosociedadeDía Internacional da Muller Rural en Monforte

Día Internacional da Muller Rural en Monforte

O 15 de outubro celebrase o Día Internacional da Muller Rural, como recoñecemento a labor imprescindible que realizan as mulleres no medio rural. O Concello de Monforte súmase a este recoñecemento con diversas actividades organizadas dende a Concellería de Muller e Igualdade e a través do Centro de Información á Muller.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 15 de outubro, ás 20.15 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos, e en colaboración ca Concellería de Cultura, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, representarase a obra teatral Bernarda de Malasombra Produccións.

Organízase o Obradoiro de Habilidades Dixitais Básicas para o Emprego, formación a través da cal preténdese facilitar e potenciar a participación, empregabilidade e emprendemento das mulleres a través da adquisición de competencias dixitais e o uso de ferramentas tecnolóxicas. Este obradoiro desenvolverase de forma gratuíta na modalidade en liña ao longo de 3 xornadas cunha duración de 3 horas cada unha. As sesións terán lugar, o xoves 29 e venres 30 de outubro, e a última o mércores 4 de novembro, todas elas en horario de  10:00 a 13:00 horas.

Este obradoiro está organizado en colaboración con Cibervoluntarios.org, Fundación Mujeres e Google.org, dentro do Programa DIXITALIZADAS e ten como obxectivo último contribuír á redución da brecha dixital de xénero, promovendo un mellor coñecemento e uso das TIC no ámbito rural, buscando promover a inserción social e laboral das  mulleres.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...