IniciosociedadeUnha semana de adianto para as Patronais de Chantada no 2022?

Unha semana de adianto para as Patronais de Chantada no 2022?

O grupo socialista quere fixar por consenso os festivos locais en Chantada e solicita que xa que a festividade da Festa da Empanada no ano 2022 sería o 30 de agosto, as festas patronais se adianten unha semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A designación de festivos locais no concello de Chantada vén xerando certa controversia tanto a nivel político como social. Tradicionalmente escóllese a Festa da Empanada (último martes do mes de agosto) e a festividade do Faro (8 de setembro) ou o San Lucas (18 de outubro). Estas dúas últimas datas altérnanse, a pesares de que o grupo municipal socialista leva pedindo en varias ocasións que o día 18 de outubro non sexa festivo local, dada a pouca repercusión económica e comercial, segundo o PSOE. Con todo, os socialistas aseguran que dende o goberno local non se materializa en feitos o compromiso de palabra de consensuar as datas idóneas para os festivos que lle corresponde establecer ó Concello.

Os socialistas aseguran que despois de escoitar a membros do sector comercial e hostaleiro e tendo en conta que este ano e o vindeiro están marcados polas limitacións da Covid, fan as seguintes suxestións:

  • Dado que a festividade da Festa da Empanada no ano 2022 sería o 30 de agosto, que as festas patronais se adianten unha semana. Celebrar esta festividade no último día de mes non parece o máis aconsellable para un sector xa bastante castigado polas consecuencias da pandemia.
  • Propoñer como festivo local o 8 de setembro (día do Faro), dado que o 18 de outubro non aporta a idoneidade axeitada a nivel social, económico e comercial que se pretende obter nunha festividade local.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...