HomesociedadeO mundo das abellas en Escairón

O mundo das abellas en Escairón

A historia das abellas, a colmea e as súas clases, así como o tratamento destas son algúns dos temas que se abordan no curso que se celebra os venres, a partires das 19:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúa o curso de apicultura “O Mundo das Abellas”, organizado polo Concello, e que se desenvolve no auditorio de Escairón dende o pasado venres, a partires das 19:00 horas. 

A formación está a ser impartida polo veciño de San Adrián, Alberto Vázquez Domínguez. Dende a entidade local, a través do seu alcalde, Carlos Armesto, sinalan o éxito da mesma, pois houbo máis interesados que prazas disponibles. En concreto, fixéronse dous grupos de 10 persoas para seguir as recomendacións sanitarias e as medidas preventivas da covid-19.

O curso ten un custe 0 para os participantes e nel abórdanse temas como a historia das abellas, a colmea e as súas clases e os seus habitantes: raíñas, obreiras e abázcaros, enfermidades, renovación da raíña, método Snelgrove, etc. 

Carlos Armesto valora positivamente a iniciativa, xa que “quedou xente en lista de espera”; o que fai, indica, “que xa esteamos pensando nunha segunda edición”.

ÚLTIMAS

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...