HomesociedadeA Pobra do Brollón e Ribas de Sil apoian o Camiño de...

A Pobra do Brollón e Ribas de Sil apoian o Camiño de Inverno por Vilachá

Os plenos dos concellose Ribas de Sil e da Pobra do Brollón deron un apoio unánime á reivindicación do Camiño de Inverno por Vilachá. Desta maneira ambos concellos comprometéronse a levar adiante todas as iniciativas necesarias para que a Xunta de Galicia recoñeza o tramo do Camiño de Santiago que reclaman as parroquias afectadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todos os grupos municipais con representación amosaron a dispoñibilidade a colaborar no impulso desta demanda. A moción presentada en Ribas de Sil contou tamén coa sinatura e apoio da Asociación de Veciños de Torbeo, parroquia que leva dende hai anos reclamando igual propósito. Este colectivo declarou impulsar novas actividades e colaborar cos veciños de Vilachá en futuros actos, cando as circunstancias así o permitan.


Dende a Asociación de Veciños/as de Vilachá tamén anunciaron que o vindeiro concello onde presentarán a moción será Monforte de Lemos. Neste sentido, indican, están a procurar apoios de colectivos e comunidades das parroquias monfortinas afectadas e solicitan a colaboración dos veciños. Por agora contan cos apoios expresos de varias delas e cren poder lograr o de todas elas. 

Despois da xuntanza coa Deputación de Lugo este verán verán, os promotores contan con que antes de final de ano tamén se poida unir esta institución. Desta maneira o apoio institucional dende a provincia de Lugo sería completo e significaría un importante xesto para trasladar o interese social e político que existe no recoñecemento do trazado histórico do Camiño de Inverno

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...