Iniciosociedade"Monforte en negro contra as violencias"

“Monforte en negro contra as violencias”

Este é o lema da campaña de sensibilización que o concello organiza co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. O programa de actuacións, condicionado pola pandemia do Covid-19, terá un compoñente máis visual e máis virtual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Monforte de Lemos, Margarita López, deu a coñecer este xoves os actos que o Concello organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM), co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. No mesmo acto convidou a todos os axentes sociais e económicos do municipio a participar un ano máis na campaña de sensibilización “Monforte, en Negro contra as Violencias, campaña cun programa de actividades e accións máis virtual e máis visual dadas as circunstancias marcadas pola Covid-19.

“Dende o Concello de Monforte, consideramos que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade monfortina que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Así, animamos a todos os axentes sociais e económicos do Municipio a implicarse na conmemoración dos diversos actos que organizamos arredor do 25 de novembro”, sinalou Margarita López.

Baixo o lema de “Monforte en Negro”, a campaña ideada dende o Concello estenderase ata o 30 de novembro sendo o obxectivo da mesma involucrar a distintos axentes sociais e económicos da cidade e visibilizala de diferentes formas. Para iso facilitóuselles cartelería e material e tamén se procedeu á colocación de pancartas conmemorativas no edificio do Concello, no Centro Cívico e na rúa Cardenal.

Entre as novidades que presenta este ano a Campaña, en lugar de colocar unha pancarta na Torre da Homenaxe, o Concello levará a cabo unha proxección dixital sobre a Torre do lema da campaña, que terá lugar o propio día 25 de novembro dende as 6 da tarde e ata as 12 da noite, para concienciar a toda a cidadanía contra as violencias. E tamén se aproveitará o Bus Urbano para que faga de soporte dun vinilo específico da campaña.

Resto de actividades que se desenvolverán

-Colocación da Mesa “Exprésate contra a violencia de xénero”, que estará ubicada na Casa do Concello. Nela está xa dispoñible un libro de sinaturas para todas aquelas persoas que o desexen poidan deixar escritas nel as súas mostras de apoio e solidaridade coas vítimas da violencia de xénero.

Libro sinaturas (arquivo). Foto: XMF

Actos previstos para o mércores 25 de novembro: darán comezo ás 12:00 horas, momento en que se procederá a gardar un minuto de silencio por todas as vítimas da violencia de xénero. Debido a que o Covid-19 impide que se poida facer a tradicional concentración e lectura do manifesto na Praza do Concello, o Equipo de Goberno convoca este minuto de silencio na propia Praza e dirixido sólo aos traballadores do Concello, a fin de evitar aglomeracións masivas.

A Concelleira de  Muller e Igualdade animou, neste senso, a que a veciñanza participe igualmente saíndo ao exterior das instalacións e sedes das súas empresas, institucións, ou outros locais nos que se encontren.

Tamén o mércores 25, a tradicional lectura do Manifesto terá lugar ás 13:05 horas nas radios locais e difundida a través da páxina web e das redes sociais do Concello, dado que non vai poder ser lido ao non celebrarse a concentración propia dese día por mor do Covid-19.

-O xoves 26 de novembro terá lugar ás 20:15 horas no Edificio Multiusos a representación da obra de teatro para adultos “A compañeira de piso”, a cargo da compañía Contraproduccións.

-O luns 30 de novembro terá lugar, de 16:30 a 17:30 horas, o Obradoiro en liña: “Prevención do acoso callejero dirixido a público en xeral maior de 16 anos, de carácter gratuíto, e impartido pola Fundación Mujeres. Para participar nel, será necesario realizar a inscrición previa a través da páxina web do Concello.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...