IniciosociedadeO concello de Monforte compra a casa de Santa Clara para facilitar...

O concello de Monforte compra a casa de Santa Clara para facilitar o acceso da nova ponte

Na mañá deste luns, o Concello procedeu a escriturar a compra na Notaría de Monforte, da casa situada no número 60 da rúa Santa Clara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O seguinte paso, unha vez adquirida e pagada ante notario esta casa, será inscribila no Rexistro da Propiedade co obxecto de que no seu día, o espazo que ocupa actualmente o inmoble facilite a conexión da nova Ponte de Ferro do Malecón coas rúas Santa Clara e Corredoira.

O Alcalde destacou que “con esta adquisición damos un paso máis cara a construción do que será unha das infraestruturas de referencia da cidade de Monforte, a nova Ponte de Ferro obre o Cabe, que mellorará sensiblemente o tráfico rodado desta parte da cidade, e que permitirá ademais a peonalización da Ponte Medieval”.

A nova Ponte de Ferro de Monforte

O pasado 1 de xuño de 2020, o Alcalde monfortino convocou o concurso de ideas para o deseño da Nova Ponte de ferro sobre o río Cabe, no que os deseños presentados debían ser semellantes á antiga Ponte de Ferro que estaba situada no lugar que ocupa a actual ponte nova na Avenida de Galicia, unha ponte que caeu nos anos 50 do século XX.

O 25 de xuño, o xurado constituído para fallar dito concurso anunciou que o deseño baixo o lema Mercedesfoi o que obtivo a maior puntuación tras a valoración de dito xurado das 7 ofertas técnicas presentadas, deseño que foi elaborado pola empresa lucense Monsa Urbanismo S.L.

A Ponte Nova contará cunha estrutura similar á da antiga Ponte de Ferro, sen apoios no río, adaptada ás necesidades viarias actuais, con 2 carrís de 3,5 metros de ancho, un para cada sentido da circulación, e as beirarrúas de 2,5 metros de ancho cada unha para facilitar o paso dos peóns.

“Cando isto sexa realidade no horizonte deste mandato, a ponte vella ou Ponte Medieval, converterase en peonil, para conservar o monumento, para disfrute da xente e para contemplar placidamente a paisaxe río arriba e río abaixo sen o agobio dos coches” sinalara Tomé Roca cando anunciou este importante proxecto construtivo para a cidade.

No deseño da Nova Ponte propuxérase a conexión do Paseo do Malecón coa rúa Santa Clara á altura da rúa Corredoira para darlle continuidade cara ó Hospital Comarcal o que significará un novo acceso ó complexo sanitario, ocupando o espazo onde se ubica a Pasarela de madeira. Esta conexión, facilítase coa compra do inmoble do número 60 da rúa Santa Clara formalizada no día de hoxe.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...