InicioTerra de LemosMonforteO Hospital de Monforte volve rexistrar un falecido pola covid

O Hospital de Monforte volve rexistrar un falecido pola covid

A provincia de Lugo rexistrou seis mortos nas últimas 24 horas.

Publicado o

- Advertisement -

Outras 14 vítimas mortais pola covid-19 elevan o número de mortos en Galicia a 1550, nun día no que Lugo, xunto coa Coruña, son as provincias máis afectada, con seis falecidos. Ademais, a maior parte dos mortos, oito, eran usuarios de residencias de anciáns

Precisamente foi na provincia de Lugo onde a covid se cebou, especialmente, con estes centros de maiores, con cinco falecidos; dúas mulleres de 95 no HULA, que procedían da residencia da Pastoriza, outra de 95 anos na residencia integrada CEGADI que tamén procedía da residencia A Pastoriza, dúas mulleres de 90 e 85 anos na residencia San Bartolomeu de Xove e outra muller de 78 anos na residencia Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo. Finalmente, tamén morreu outra muller de 84 anos no Hospital Comarcal de Monforte.  

 A Consellería de Sanidade tamén informou de seis falecidos na provincia da Coruña, tres deles tamén de residencias de anciáns; unha muller de 91 anos na residencia DomusVI de Carballo e dúas mulleres de 87 e 94 anos da Residencia de maiores de Ribeira.  Tamén faleceu unha muller de de 85 anos no CHUAC da Coruña, un home de 72 no CHUF de Ferrol e un home de 75 no CHUS de Santiago.  

Finalmente, na área de Vigo tamén se reportaron dous mortes. Trátase dun home de 62 anos no CHUVI e unha muller de 85 anos en POVISA. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...