IniciosociedadeUnanimidade na Deputación para pedirlle á Xunta redeseñar os contratos das rutas...

Unanimidade na Deputación para pedirlle á Xunta redeseñar os contratos das rutas escolares no Courel

A iniciativa, presentada polo PSdeG, saíu adiante cos votos de todos os partidos políticos con representación na cámara provincial: PSdeG, BNG e PPdeG, e incluíu unha addenda do Bloque para que se recollese no escrito que as demandas provinciais “cumpren coa filosofía dos fondos europeos FEDER que financian este servizo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, defendeu a proposta incidindo no total apoio ás familias afectadas. Subliñou que “estas decisións da Xunta amosan un total descoñecemento do noso rural. Neste caso parece que o obxectivo é reducir o número de rutas, pero non teñen en conta as necesidades dos veciños e veciñas desta zona”. Así mesmo, engade que “os novos pregos imposibilitan a concorrencia no concurso de pequenos autónomos taxistas e pequenas empresas da zona que viñan prestando este servizo ata o de agora, xa que, por exemplo, prémiase que as empresas teñan a sede en Monforte ou que conten cunha flota de autobuses”. 

Concentración na Praza do Concello de Folgoso do Courel (30 decembro 2020). Foto: Anpa

García Porto criticou que o novo mecanismo para as rutas de transporte escolar tampouco ten en conta o número de horas que os nenos e nenas terán que pasar no autobús. “Non ten sentido incluír nun mesmo lote, o 27, aos concellos do Incio, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Bóveda, e ademais, non entendemos tampouco que o prego non inclúa o transporte en todoterreo cando son os únicos vehículos que poden circular por algunhas das vías en pleno inverno”. Por iso, piden que se deseñen coa premisa de que se trata de estradas de montaña co que iso supón en canto ao trazado, anchura e pendentes,  e tamén que se teña en conta que se teñen que facer tendo en conta o itinerario máis eficiente, sen ter aos nenos horas e horas no transporte. 

“A Xunta ten que rectificar con moitos erros e ten que cambiar o modelo de xestión que funciona ás costas dos cidadáns e do resto de administracións, e nomeadamente nalgunhas provincias como a de Lugo”, detallou a Deputada. E engadiu que “levamos un curso con moitos exemplos, lamentablemente, empezamos con problemas co transporte dos estudantes de Portomarín, seguimos coa posibilidade do peche de Baamonde, ademais de problemas co transporte noutras localidades coma Baralla ou Navia de Suarna, sen deixar de lembrar o peche de numerosas escolas unitarias no territorio lucense nos últimos anos”.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...