Iniciosociedade"Os gatos son os invisibles dos núcleos urbanos", Miau Lemos

“Os gatos son os invisibles dos núcleos urbanos”, Miau Lemos

“Emm... Ola, son o neno que viches onte nun BMW, vin como lle deches comida e auga a ese gatiño, tería que haber máis xente así. Chegarás moi lonxe, se aínda non o fixeches. É que gastar diñeiro nun gatiño vagabundo paréceme fermoso porque é como darlle un fogar. Grazas.” Escribía esta semana un neno a Miau Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Que os cans son os mellores amigos do home, queda claro se vemos como son tratados na nosa sociedade, aínda que lamentablemente haxa excepcións, e como son tratados os gatos. “Somos un grupo de persoas preocupadas polos animais en xeral e polos gatos en particular que adoitan ser os invisibles nos núcleos urbanos,” dime Isaac Rey, Presidente da Asociación Miau Lemos, cando lle pregunto como nace o colectivo que se constituíu oficialmente o 16 de decembro do pasado ano en Monforte.

O gusto xeral por determinados animais parece ter unha orixe sociocultural. No Antigo Exipto, por exemplo, os gatos eran símbolo da divinidade e matar a un era peor que matar a un humano, castigándose coa morte. Os ollos dos gatos eran para aquela sociedade capaces de observar a alma humana. Con eles xogaban, aínda que comezaron a introducilos nas súas vidas para utilízalos na caza de ratos, converténdose nos principais gardiáns das colleitas de cereais. No 950 a.C. comezáronse a momificar.

Pero o vínculo gato-humano comeza antes do Antigo Exipto xa que se descubriron restos felinos nunha tumba de 9.500 anos atopada en Chipre. Así faría 10.000 anos que os gatos nos comezaron a acompañar. (Información de Mar Aguilar)

“Son o neno que vin como alimentabas a un gatiño, tería que haber máis xente así.”

Quen lles ía dicir aos gatos que 3.000 anos despois a situación ía ser tan diferente? De divinidades a vagabundos. Non fai moito era habitual ver “cans rueiros”, pode ser o momento de comezar a xestionar con sensilidade e eficacia o tema dos “gatos rueiros”. E isto veo un cativo.

Emm… Ola son o neno que viches onte nun BMW, vin como lle deches comida e auga a ese gatiño, tería que haber máis xente así. Chegarás moi lonxe, se aínda non o fixeches. 
É que gastar diñeiro nun gatiño vagabundo paréceme fermoso porque é como darlle un fogar. Grazas.”

Esta nota deixábaa un cativo que viu como desde Miau Lemos se atendía a unha colonia de gatos. “Comezamos iniciando a alimentación en diferentes colonias felinas, vimos máis de preto cal era a problemática e a situación dos gatos a nivel sanitario, hixiene e alimentación e vimos que non estaban o ben que deberían estar. De alimentar a gatos a nivel particular comezamos a contactar con máis xente e coñecemos a xente que alimentaba outras colonias rueiras de Monforte…. e en varias reunións expomos crear unha asociación e aquí estamos, ilusionados cunha causa que non todo o mundo comprende.”

Miau Lemos

Miau Lemos contabiliza ao redor de 80 gatos ruieiros na cidade do Cabe, distribuídos en colonias na estación de tren, na zona da Compañía, Carude, Ponte Nova, Ponte Vella, na contorna do Mercadona, preto da Policía Nacional e do cuartel da Garda Civil e na zona de San Vicente. Casi un cento de gatos que padeceron as consecuencias da pandemia, “Comezamos a traballar en setembro do pasado ano e vimos unha situación bastante precaria e descoidada. Gatos en mal estado, a nivel de alimentación, hixiene lamentable, problemas varios de infecións que é moi común, infecións de ollos, parásitos… e desde que estamos a traballar con eles melloraron moito. Temos esterilizado uns 70 gatos e iso nótase no control de poboación das colonias, a saúde individual; desparasitamos algunhas colonias e nótase a melloría. Isto dígoo respectando o bo facer dos veciños de Monforte que se dedican a coidar destes gatos na medida que poden.”

A recén creada asociación mantén encontros con colectivos similares noutros concellos e espera trasladar ao concello diferentes demandas destinadas a melorar a situación destes gatos. Polo momento non traballan con cota de socio pera si están abertos ao voluntariado para alimentar colonias. A medio ou longo prazo poderían plantexarse como un recurso máis para financiarse a cota de socio. Ata agora financiáronse con aportacións individuais e están abertos a doazóns para o que teñen servizo coa plataforma, Teaming. “Hai que ter un correo electrónico e crearse unha conta. Temos un enlace na nosa páxina para quen queira colaborar. É unha doazón dun euro ao mes, comezamos hai catro días e periodicamente xustificaranse gastos do recibido nesta conta de donativos.”

Miau Lemos

Hai concellos como Betanzos que teñen interesantes iniciativas para atender aos gatos da rúa e concellos que teñen unha concellalía específica de benestar animal, “Eses concellos melloran a súa imaxe cara o exterior ao dar a coñecer que tamén se preocupan polo benestar dos animais,” asegura Isaac ao falar de todo o traballo que queda para que o gato preocupe na nosa sociedade, “O gato é o animal invisible. Por tradición, por cultura, por forma de pensar,… É algo que está tan arraigado na xente que o gato solto búscase a vida para cazar ratos e paxaros,…é un animal independente, pero iso non quere dicir que non requiran uns coidados os gatos da rúa. Tamén como asociación temos que desenvolver un traballo de concienciación e sensibilización da cidadanía e cos colexios.”

Casa para gatos Betanzos / XdL

Temos gatos rueiros porque principalmente a xente abandónaos?pregúntolle a Isaac para rematar a conversa, “É un tema moi complexo. Os costumes da xente non se cambian dun día para outro aínda que exista unha lexislación. Nas colonias tamén nos atopamos gatos moi ben coidados que son gatos que deixan saír de casa, non están castrados, non teñen microchip… hai que facer moita concienciación, é moi difícil de solucionar. Co concello é algo a expor non sei de que forma.”

Miau Lemos

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...