HomesociedadeAta o 26 de marzo a veciñanza de Monforte pode solicitar o...

Ata o 26 de marzo a veciñanza de Monforte pode solicitar o seu composteiro doméstico

O Programa de Compostaxe dos residuos orgánicos do Concello de Monforte, que comeza este luns, repartirá 100 composteiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 8 de marzo, o Concello de Monforte abre prazo para confeccionar unha lista de veciños interesados en acceder a este Programa de Compostaxe de residuos orgánicos do Concello de Monforteen colaboración con SOGAMA, polo que se entregarán gratuitamente 100 composteiros.

“As persoas interesadas terán que dirixirse ó Rexistro Xeral do Concello e solicitar o modelo de instancia a cubrir, que tamén se poderá descargar a través da páxina web”, explica o mandatario local, José Tomé. O prazo para presentar a solicitude estará aberto ata o venres 26 de marzo. 

Para optar a un composteiro, os solicitantes deberán ser cidadáns censados en Monforte, e á hora da distribución o persoal técnico da Concellería de Medio Ambiente priorizará que os demandantes teñan a súa finca ou xardín no núcleo urbano de Monforte,  e que non recibiran un composteiro a través de campañas deste tipo que anteriormente organizara o Concello.

Tamén teranse en conta outros aspectos como número de habitantes da unidade familiar, extensión da finca á que se destina o composteiro, hábitos de consumo, etc. Estes datos, serán aportados polo demandante do composteiro, no momento en que cubran o formulario de solicitude que terán que presentar para elo.

As persoas que finalmente accedan ó programa de compostaxe deberán participar nunha charla formativa na que se lles explicará como utilizar axeitadamente o composteiro, a fin de reducir os restos orgánicos xerados nos fogares e obter un compost natural. Ao remate desta acción formativa recibirán o correspondente composteiro, polo que será necesario asistir á mesma para poder recollelo. Os participantes neste novo programa de compostaxe do Concello disporán dun servizo de asesoría permanente no teléfono 628 115 309.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...