HomesociedadeRecepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu este mércores no seu despacho da Casa do Concello ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Monforte de Lemos, Anxo Rodríguez Rodríguez, que tomou posesión do seu cargo recentemente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á cidade e mantivo unha primeira toma de contacto na que fixeron un repaso do estado actual da seguridade do tráfico no municipio de Monforte.

Ambos representantes expresaron a firme vontade de manter a colaboración entre os diferentes corpos de seguridade, neste caso Policía Local e Garda Civil. “Neste primeiro encontro abordamos aspectos que teñen que ver coa seguridade do tráfico e a necesidade de traballar conxuntamente para que Monforte siga sendo un Concello tranquilo en canto á seguridade viaria”, descata Tomé.

Anxo Rodríguez Rodríguez é ourensán e incorpórase ao novo cargo tras prestar servizo na unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Ourense.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...