IniciosociedadeMonforte sen iluminación na loita contra o cambio climático

Monforte sen iluminación na loita contra o cambio climático

Como xesto simbólico e en defensa do medio ambiente, o Concello de Monforte súmase un ano máis á iniciativa A Hora do Planeta. Este sábado, 27 de marzo, as luces dalgúns dos espazos máis emblemáticos da cidade do Cabe quedarán apagadas durante unha hora; dende as 20:30 e ata as 21:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estarán sen iluminación a Praza da Estación, a explanada da Compañía e a contorna de San Vicente, incluída a Torre da Homenaxe e o campanario.

Con este xesto a Equipo de Goberno do Concello quere amosar o seu apoio á organización para a defensa da natureza WWF, que este ano baixo o lema Na hora do Planeta, conéctate coa Natureza, pretende mobilizar a tódalas cidades do mundo para demostrar o apoio global contra o cambio climático. 

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca ademais que “dadas as difíciles e excepcionais circunstancias que estamos vivindo por mor da pandemia de COVID-19, dende o Concello de Monforte estamos convencidos de que o espírito da Hora do Planeta é máis necesario que nunca para transmitir unha mensaxe de esperanza, unidade e colaboración ante as grandes ameazas que tamén afronta a humanidade, como o cambio climático ou a destrución da natureza.” 

Por iso, continuou o rexedor municipal “o acto simbólico ó que nos imos sumar este sábado, pretende concienciar da necesidade de empregar de forma responsable a enerxía. Cómpre que todos nos impliquemos para loitar contra o cambio climático e poder reducir así o nivel de emisións de CO2”. 

O rexedor tamén lanzou unha mensaxe ós monfortinos e monfortinas para que “entendan este xesto e se sumen nos seus fogares a esta iniciativa, que consiste en aforrar enerxía durante unha hora”. 

A Hora do Planeta

Esta iniciativa, promovida por la Asociación WWF comezou no 2007 en Sidney, como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora. Unha acción que cos anos converteuse nun movemento mundial do que xa forman parte miles de cidades de 188 países, que en pasadas edicións apagaron máis de 17.000 monumentos e edificios emblemáticos.

A Hora do Planeta une a cidadáns, empresas, concellos e institucións para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade;  trátase da maior iniciativa mundial na defensa do medio ambiente, á que o Concello de Monforte vense sumando dende hai anos.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...