IniciosociedadePiensos Senra celebra os 75 anos con importantes descontos

Piensos Senra celebra os 75 anos con importantes descontos

O coñecido establecemento monfortino está especializado en produtos para granxa, xardinería, horta e mascotas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estamos no tempo de acondicionar as hortas e arranxar os xardíns e iso nótase no movemento de xente que ten estes días Piensos Senra nas súas tendas de Monforte, Ferreira de Pantón, Escairón e Sober.

Esta coñecida marca celebra este ano o seu 75 aniversario, unha efeméride moi importante que non queren deixar pasar por alto. Para iso iniciaron unha campaña este pasado 27 de abril para agradecer a fidelidade dos clientes con artículos en oferta.

Os artículos marcados cun tulipán teñen dende ese día descontos especiais que non son de perder. “Quixemos ter un agarimo coa xente para agradecer a súa confianza”, coméntanos María José Senra, a súa xerente.

María José Senra, xerente de ‘Piensos Senra’ / XdL

Ademais desta campaña de descontos a idea é facer outras campañas nesa liña durante o ano e incluso algúns sorteos, pendentes aínda estas estratexias de ir collendo forma.

As tenda físicas están estas semanas a pleno rendemento e a tenda online tamén está “tirando pouco a pouco”, dinos María José ao tempo que comenta que xa saíron pedidos para diferentes lugares do estado como Castela e León ou Navarra.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...