IniciosociedadeControlado o incendio de Folgoso do Courel que afectou a 160 hectáreas

Controlado o incendio de Folgoso do Courel que afectou a 160 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. deste luns, 14 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 1,28 h. desta madrugada quedou controlado o lume rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia homónima, tras comezar ás 4,50 h. da madrugada do sábado. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 160 hectáreas. Ata o de agora desprazáronse á zona para controlalo 1 técnico, 14 axentes, 45 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 9 avións e 2 helicópteros. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...