Iniciosociedade90.000 euros de Medio Rural para o arranxo de pistas en Ribas...

90.000 euros de Medio Rural para o arranxo de pistas en Ribas de Sil

A Consellería do Medio Rural destina 90.000 euros ao acondicionamento de vías de titularidade municipal en Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través do Plan Marco 20-21 e do último Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) arraxáronse dúas pistas que suman máis de tres quilómetros de lonxitude e 61.600 euros de investimento. Ademais, o Plan Marco 21-22 achega outros 28.400 euros para continuar coas melloras.

No que respecta ás obras rematadas nos últimos meses supuxeron o arranxo de máis de dous quilómetros na vía que atravesa o val de viñedos contiguo a San Clodio ata chegar preto do núcleo de San Pedro, así como dun ramal que pecha unha superficie dunhas tres hectáreas.

Procedeuse á limpeza e reapertura de paseos e cunetas, bacheos puntuais, preparación da plataforma e cobertura de distintos tipos, triple e dobre rega asfáltica ou zahorra compactada, segundo os tramos.

Igualmente, a través do PIR a Consellería arranxou o camiño que parte do núcleo da Cova, atravesa Rebosía e remata en Vilardomato. Ademais de reparar o firme nos 1,3 quilómetros de vía, mellorouse o trazado ampliando o radio da curva existente no punto quilométrico 0,07; tamén se acondicionou unha intersección con outro camiño municipal e executáronse obras para evitar escorrentías de auga de chuvia que poidan enlodar a calzada.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...