Iniciosociedade‘La Muñequita’, unha mercería con encanto en Monforte

‘La Muñequita’, unha mercería con encanto en Monforte

O negocio, cuns sesenta anos de vida, pasou en traspaso a Teresa Alves, unha monfortina orixinaria de Angola que ve cumprido así un dos seus soños.

Publicado o

- Advertisement -

La Muñequita é unha mercería que hai na Rúa Cardenal de Monforte, un local pequeniño en espazo pero grande en popularidade. O típico negocio que case todo o mundo coñece polo bo trato e servizo profesional que veu ofrecendo á súa clientela ao longo duns sesenta anos.

Agora comeza unha nova etapa con Teresa Alves, unha muller que chegou a Monforte no ano 1979 e fíxoo para quedar. Formou unha familia e viu medrar aquí ás súas dúas fillas.

Cóntanos Teresa que tiña aquí familia e, aínda que lle custou un pouco integrarse, cos anos foi todo moi ben e está moi contenta de vivir en Monforte. Tamén sabemos que os seus pais tiñan unha mercería, vendían teas e súa nai facía tamén de xastre. Ela axudaba dende pequena na tenda, e facíao de tan boa gana que lle foi collendo agarimo ao negocio e afección á costura.

Cando chegou a Monforte, e por circunstancias da vida, foi deixando a un lado esta afección que fora enraizando nela anos atrás. “Cosía algo na casa, pero non todo o que me gustaría”, dinos.

Por circunstancias da vida, foi deixando a un lado esta afección que fora enraizando nela anos atrás…

Falando, falando, quédanos claro que un dos soños de Teresa foi sempre montar o seu propio negocio dedicado á mercería pero como pasa ás veces na vida, esta lévate por outro camiño e os soños quedan no conxelador á espera dun mellor momento ou simplemente para caducar.

No caso que nos ocupa, a sorte do destino fixo que ese soño de Teresa tivera a súa oportunidade. Unhas novas circunstancias na súa vida e o traspaso de La Muñequita coincidiron, co cal presentóuselle a ocasión de ser a emprendedora que sempre quixo ser e precisamente rexentando unha mercería.

Teresa Alves / XdL

A sorte do destino fixo que ese soño de Teresa tivera a súa oportunidade

CONTINUIDADE DE ‘LA MUÑEQUITA’

Teresa Alves era xa clienta do establecemento monfortino caracterizado por ser un sitio pequeniño pero moi acolledor, e no que a ‘cercanía’ entre vendedora e clientela era moi próxima en todos os sentidos.

Un comercio coñecido por todo o mundo que sempre destacou por vender de todo, relacionado coa mercería, e de gran calidade. Alves enterouse do traspaso, e decidiuse a collelo sen dubidalo. Un pequeno lavado de cara, na decoración basicamente, e a funcionar.

A intención da nova xerente é conservar a esencia de sempre, o encanto e bo servizo que ofreceu tradicionalmente esta mercería e incluír novidades. Os tres piares de La Muñequita son a mercería, a roupa interior e os complementos. Neste último apartado Teresa dinos que incorporou xa algunha cousa, sombreiros italianos e fulares de París, por exemplo. Co tempo espera traer máis novidades.

A intención da nova xerente é conservar a esencia de sempre, o encanto e bo servizo que ofreceu tradicionalmente esta mercería e incluír novidades

Na venda online aínda non pensa pero tampouco desbota esa posibilidade co tempo. De momento abriu un perfil en Facebook para ter presenza nas redes sociais.

Para rematar, Teresa quere dirixirse ás monfortinas e monfortinos dicíndolles “que veñan por aquí que serán ben recibidos”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...