IniciosociedadeO Youtuber español dos viños é de Chantada

O Youtuber español dos viños é de Chantada

"Comezas no lugar do que es, falei con adegas, díxenlles: vou facer isto e encantoulles, vén por aquí e grava. Por que houbo tamén facilidades por parte das adegas? Porque é de balde, eu non lles cobro nada ás adegas, promociónolles o viño a custe 0," asegura o youtuber JPastuchy Wine.

Publicado o

- Advertisement -

O mundo do viño e internet fan unha boa maridaxe e máis se se aproveita para amosar a paisaxe, o lugar no que ese viño se orixina. Iso debeu pensar José Pastor Lorenzo Taboada, un veciño de Chantada, coñecido nas redes sociais como JPastuchy Wine que propón na súa canle de youtube que se che gusta o mundo do viño, te adentres con el; e facémolo.

Youtuber do mundo do viño, como comezou todo e por que?

Eu son xefe de brigada de incendios e teño os estudos máis potentes que se poden facer no mundo do viño en Galicia, son Técnico Superior Vitivinícola. Tamén fixen Forestais, queríame quedar en Galicia. Que temos en Galicia? Monte e viño e dixen, pois a estudar as dúas cousas; é unha forma de fixar a poboación e quedar na terra. É como ten que ser.

Ao dedicarme aos incendios non quería desvincularme do mundo do viño e dixen, que podes facer? Vino claro: Ir polas adegas promocionando os viños, comentándollos á xente e ensinándolles a paisaxe, que é do que se trata.

Comezas a publicar a comezos de xuño, a pandemia tivo algo que ver no proceso?

Eu tíñao xa medio visualizado, pero deume un pequeno empuxón ao estar encerrado. Sólo se vive unha vez, imos para adiante. Comecei por viños da Ribeira Sacra porque é o que tes preto da casa, aínda que en Galicia calquera D.O. está preto da casa. A miña intención agora para formar a canle é comezar cos viños que hai en Galicia, pero despois chegar a todas as D.O. de España. Se a canle vai ben eu vou seguir para adiante con isto.

Comezas no lugar do que es

O youtuber da Ribeira Sacra podería ser o titular destes comezos?

Non quero que se me catalogue como o youtuber da Ribeira Sacra ao ser de Chantada e comezar catando e promocionando viños desta Denominación. Comezas no lugar do que es, falei con adegas, díxenlles: vou facer isto e encantoulles, vén por aquí e grava. Por que houbo tamén facilidades por parte das adegas? Porque é de balde, eu non lles cobro nada ás adegas, promociónolles o viño a custe 0.

JPastuchy Wine

Non hai ninguén en Galicia que faga isto, nin en España. Eu vexo youtubers que falan dos viños na súa casa, no seu salón e fan vídeos eternos. Eu vou á adega e interésame mostrar a paisaxe. Son vídeos curtos de 3 minutos nos que falo do viño e a xente ve a  paisaxe tamén. Non hai ninguén que faga iso, son o único.

En base a que escolles os viños dos que vas falar?

Empezo polo que teño preto e vaime levando. Chamo á adega, dígolles que teño unha canal de youtube e o que vou facer. Ensínolles o piloto e todo o mundo encantado. Nos vídeos pódese ver a calidade da imaxe e o contido, non é unha trapallada. Vendo seriedade. Ireime soltando máis e metendo algunha gracia para facelo máis ameno para todo o mundo. Quero achegar o mundo do viño a todo mundo, que quen non siga o mundo do viño, sígao. Por iso quero ir cambiando co tempo e adaptando a linguaxe á xente da rúa, que ninguén ten que ser experto en viño.

Quero achegar o mundo do viño a todo o mundo

Mesturas o viño, a paisaxe, os sentidos en definitiva, coa tecnoloxía e a voráxine das redes sociais e a busca de seguidores. Relaxante e estresante ao mesmo tempo?

Si, hai dous obxectivos básicos, os vinculados a dar a coñecer o viño e súa orixe dun modo ameno e conseguir que iso interese e gañar subscritores. A día de hoxe teño en youtube 590 seguidores. Ao comezo ía sumando poucos por día, pero co paso do tempo o proxecto vaise coñecendo e agora subo de media entre 20 e 30 novos seguidores por día.

Busco máis seguidores para ter ese respaldo ao achegarme a novas adegas e Denominacións de Orixe, tamén sería interesantes patrocinadores para a canle de youtube. Comecei coa colaboración ou patrocinios de empresas como Imprenta Besbello, Panadería Confitería Moure, Vino Sacra e Jimy roupa que danme os polos. Os meus recursos son as adegas.

Grazas a Jpastuchy Wine a xente nova interésase polo mundo do viño.

Pasaron menos de dous meses. Esperabas que a canle funcionara como está funcionando?

Non. Un cando empeza todo o mundo pon trabas, despois vai collendo ritmo e todo o mundo dí que “guay”. Estame pasando agora, ven unha canle que suma subscritores e suma subscritores e xa non es un “pirado.” A idea comeza a coller un pouco de xeito.

Non me esperaba a estas alturas nin a ter a metade de subscritores. Non é doado que a xente se subscriba a unha canle de youtube. Hai que subscribirse e tenche que interesar o que vas ver. 

JPastuchy Wine

Agora ademais das catas na paisaxe vou ás Feiras do Viño e citas do sector, estiven en Vinis Terrae, irei á Feira do Viño de Quiroga. Quero moverme coa canle por aí para ter visualización do sector e xerar contido para a canle. Centrarme nas catas nas que falo da vinificación do viño, ensino a paisaxe; pero tamén ensinar as Feiras do Viño e outras citas sectoriais. 

Coñeces o perfil dos teus seguidores?

É a voráxine das redes sociais. En youtube entendo que persoas ás que lles interesa o mundo do viño e que entenden o castelán, hai xente de toda España e de Sudamérica. Acabo de abrir conta en Instagram tamén como JPastuchy Wine e aí si teño claro que me sigue moita xente nova de todo o mundo. Sígueme un dominicano con máis de 20.000 seguidores co que interrelaciono moito porque sempre colga cousas de viño. Está ben que xente potente do mundo do viño se intere e interactúe.  

Tamén sería unha honra que grazas a JPastuchy Wine a xente nova se interesara polo mundo do viño. Nova tendencia no mundo do viño grazas ao traballo de JPastuchy Wine sería un bo titular.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...