InicioCulturaXXIV Filandón de Músicas do Courel o día 8 de agosto

XXIV Filandón de Músicas do Courel o día 8 de agosto

A edición deste ano está dedicada á memoria de José Rodríguez Núñez, gaiteiro de Pacios de Trala Serra, falecido recentemente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, o director da Escola de Gaitas do Caurel, Xosé Lois Foxo, e o xefe territorial de Presidencia, Xustiza e Turismo da Delegación da Xunta en Lugo, Gerardo Criado, deron a coñecer hoxe o programa do XXIV Filandón de Músicas do Caurel, declarado de interese turístico e cultural, que se vai celebrar na Ferrería de Seoane o domingo 8 de agosto.

O Filandón de Músicas do Courel nace como un foro para a posta en valor do patrimonio lírico e musical conservado e transmitido polas vellas xeracións. Os cantares antigos, rondas da serra, músicos e poetas danse cita nunha xornada histórica. 

Este xoves, 5 de agosto, ás 17:00 horas e 18:00 horas terán lugar sendas ofrendas florais, ante os respectivos monumentos: en Santa Eufemia á Elvira Touzón Quiroga (avoa do Filandón) e en Ferreirós de Arriba a Ilda Ávarez Macía (madriña do Filandón), das que se publicaron no seu día senllos audiovisuais. Hai que destacar a súa contribución ás publicacións de Músicas do Caurel.

O xefe territorial de Presidencia, Xustiza e Turismo da Delegación da Xunta en Lugo, Gerardo Criado, sinalou que “este Filandón é unha clara referencia na posta en valor do noso patrimonio lírico e musical, pero tamén un foro para os artesáns destes instrumentos populares, para promocionar os produtos da zona e sobre todo, para ser referente da historia das músicas do Courel”. Por iso, explicou, “a Xunta de Galicia tiña que estar un ano máis ao carón desta destacada iniciativa, que nesta edición conta con axudas de Turismo de Galicia e tamén coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e da Fundación Publica Artesanía de Galicia”.

Programa

O día 8 a partir das 18:30 horas celebrarase o filandón, presentado por Manola Porto e Brenda González e retransmitido por streaming pola canle XoseLoisFoxoLIVE. Haberá control de aforo para cumprir coas normas sanitarias en vigor.

Cantores, cantareiras, brindeiros, coplas de cego, gaiteiros, orquestras e a actuación especial de Carmen Pením, que presentará ‘Cantos de terra e sal’ completan un programa no que tamén se fará entrega da ‘Tésera de Hospitalidá’ a Alejandro Rubín.

A celebración completarase coa exposición de libros, discos, instrumentos populares e produtos do Courel. Posiblemente o día 14 haberá unha malla ao mallo e á maquina en Noceda. O día 15 de agosto ás 15:30 horas inaugurarase o monumento á raíña do Filandón María Balboa Santín en Quintela d’Oencia. 

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...