IniciosociedadeO Pazo de Tor acolle un coloquio sobre o tratamento das personaxes...

O Pazo de Tor acolle un coloquio sobre o tratamento das personaxes femininas no cinema

A actriz Ana Ribet analizará o papel das personaxes femininas na historia do cinema, desde grandes clásicos ata as producións actuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pazo de Tor acolle este sábado 14 ás 17:30 horas a charla-coloquio “Miradas á gran pantalla”, na que a actriz Ana Ribet falará do tratamento das personaxes femininas, facendo un percorrido pola historia do audiovisual, dende os grandes clásicos ata as películas e series máis actuais.

A actividade está dirixida a público adulto e adolescente completándose o faladoiro cun obradoiro de escritura creativa onde Ribet compartirá ferramentas para escribir unha historia con perspectiva de xénero e identificar a presencia –ou ausencia– da muller na sétima arte.

“PROGRAMACIÓN ARTE VIVA”

Esta inciativa forma parte da programación “Arte Viva” na que a Rede Museística cede os seus espazos para que xestores culturais noveis, procedentes do Máster de Xestión Cultural da USC en Lugo, poidan desenvolver os seus proxectos.

Esta proposta dinamizadora e formadora está artellada por Ana Riego, que, segundo ela mesma explica: “pon en valor a hibridación das artes e o seu papel formativo na sociedade”.

A asistencia á actividade é libre e gratuíta ata completar a capacidade do dacordo coas normas de prevención fronte á Covid 19 vixentes.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...